Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Lesma, limaco e outros máis de 40 nomes para chamar en galego a este animal

As lemas, tamén chamadas limacos, son moluscos gasterópodos do clado Panpulmonata que se caracterizan pola ausencia de cuncha ou pola presenza dunha cuncha interna pequena. A súa existencia en diversos hábitats e o seu impacto en áreas como a agricultura teñen feito que reciban múltiples nomes nas distintas variedades dialectais do galego.

A forma estandarizada en galego para referirse a este animal é “lesma”, segundo recollen os dicionarios de referencia. Con todo, como acontece con moitos termos relacionados coa fauna e flora autóctonas, o galego presenta unha gran riqueza léxica con variantes locais que reflicten a diversidade dialectal da lingua. A continuación, recóllese unha ampla listaxe de denominacións documentadas para este molusco:

lesma aligacha alimacha cornacha corta lagáchema
lagharta lamacha lamáchega lamagacha lamigocha lemáchega
lemegacha lerma lerme lermia lerne lesme
lesmes lesmia lezma lezme lezna lezne
lierme ligacha lima limacha limáchega limaco
limiago limigocha lizmacha llimaco lumacha lumigacha
lurmigacha meligoxo miligacha miligocha

Variantes dialectais do animal Arion rufus / ALGA

 

Ademais destas variantes, o Padre Sarmiento (S. XVIII) recolleu formas como “lesmea” e “lexma” dentro dunha listaxe de nomes de sabandixas e insectos, o que evidencia a longa tradición e diversidade terminolóxica deste termo no galego oral.

Algunhas curiosidades

A diferenza dos caracois, as lesmas perderon a súa cuncha en diversos momentos da evolución, sendo un exemplo de evolución converxente. Isto significa que distintas especies desenvolveron a forma alongada e sen cuncha de maneira independente. Por este motivo, a categoría “babosa” é polifilética, agrupando especies non necesariamente próximas entre si.

Estes animais producen distintos tipos de moco, que lles permiten desprazarse sen danar o seu corpo brando e tamén protexerse da deshidratación. Ademais, a súa baba pode dificultar que os depredadores as capturen e ata serve para comunicarse entre individuos da mesma especie.

Aliméntanse principalmente de tecidos vexetais, pero tamén poden consumir restos animais e vexetación en descomposición. En períodos de seca, moitas especies viven baixo o solo e alimentanse das raíces das plantas. A pesar de seren inofensivas para os humanos, algunhas especies de lesmas convértense en pragas agrícolas, xa que poden destruír cultivos ao alimentarse do follaxe e dos froitos antes da colleita.

As lesmas son ademais hermafroditas, pero non exercen as funcións masculinas e femininas ao mesmo tempo. Póñen ovos en pequenos grupos e a súa reprodución está influenciada pola temperatura e a humidade do ambiente.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.