A décima edición do certame de subtitulación ao galego de vídeos TED de divulgación científica fixo públicos os nomes das persoas galardoadas nas súas dúas modalidades: a dirixida á comunidade universitaria da USC e a orientada a participantes alleos á institución. O concurso ten como obxectivo incrementar a difusión da ciencia en galego mediante a…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 29 de novembro o curso 'Biografías Lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica', unha proposta formativa impulsada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e polo grupo de investigación MetalingüísTICa da USC. A xornada procura afondar nos repertorios lingüísticos do alumnado e…
O Dicionario da Real Academia Galega incorpora un cento de novas voces na súa última actualización, un proceso co que a institución continúa ampliando e afinando esta ferramenta fundamental para o uso e estudo da lingua. Entre as incorporacións destacan palabras que completan familias léxicas xa presentes, como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo,…
O Consello da Cultura Galega presentou hoxe o libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, un volume colectivo que reúne achegas de especialistas galegos e internacionais arredor dos procesos de construción e negociación das identidades e das ideoloxías lingüísticas en contextos multilingües. A obra forma parte da colección 'Ensaio e Investigación' do CCG e…
Os investigadores Miguel Guisantes e Estela Fidalgo, a partir do seu artigo ‘Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística’, debuxan un panorama no que a hexemonía do inglés, a mercantilización das linguas e o Decreto 79/2010 de plurilingüismo conforman un ecosistema que despraza o galego e condiciona o acceso en igualdade ao capital…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) vén de anunciar a celebración do Simposio ILG 2025, que terá lugar entre os días 18 e 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. O encontro, que tamén poderá seguirse a través da canle de Youtube do ILG, xa ten aberto o prazo de inscrición ata o…
A banda deseñada A tese de Margot achega ao público a figura de Margot Sponer (1898–1945), filóloga alemá pioneira nos estudos galegos e autora da tese Altgalizische Urkunden. Documentos antigos de Galicia. Publicada en agosto de 2025 no marco do festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, a novela gráfica propón unha lectura divulgativa e documentada…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) acaba de publicar, coa colaboración da Fundación Barrié e a Editora USC, o oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), que leva por título Léxico. O ser humano (III). A obra culmina a triloxía dedicada ao léxico vencellado ao ser humano e supón un novo fito na investigación dialectolóxica…