Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Quiroga afronta a recuperación de miles de microtopónimos: Galicia Nomeada só ten rexistrados uns 400 nun concello onde poderían existir arredor de 15.000

O concello de Quiroga afronta este venres, 28 de agosto, unha tarefa de grandes dimensións: recuperar boa parte dos nomes tradicionais cos que durante xeracións a veciñanza identificou leiras, camiños, fontes, penedos, regos, montes e outros elementos da paisaxe. A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra retoma aquí o seu percorrido despois da…

Toponimízate chega ao Bolo para recuperar coa veciñanza os nomes tradicionais da súa paisaxe

A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegará o próximo martes 25 de agosto ao concello ourensán do Bolo cunha nova sesión destinada a divulgar o valor da toponimia tradicional e, sobre todo, a conseguir que a propia veciñanza participe na recuperación dos nomes de leiras, montes, camiños, fontes, regos, penedos e outros…

A castelanización histórica deixou unha pegada profunda nos apelidos: o 19% das formas presentes en Galicia son españolas e outro 7% híbridas

A substitución do galego polo castelán na documentación escrita a partir do século XVI deixou unha pegada que continúa sendo visible nos nomes e apelidos da poboación. Unha parte importante dos apelidos orixinariamente galegos foi traducida, modificada foneticamente ou adaptada morfoloxicamente ao castelán durante os séculos seguintes, un proceso que a filóloga e académica Ana…

Vinte e sete proxectos educativos recibirán 300.000 euros para crear materiais curriculares en galego

Un total de 27 proxectos didácticos destinados ao ensino non universitario recibirán financiamento público para elaborar e publicar novos materiais curriculares en galego. A resolución das axudas mobiliza 300.000 euros, unha dotación que supón un incremento do 50 % respecto da partida correspondente a 2025. A resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia e difundida…