Esta tarde, a partir das 17:00 horas, pon comezo a segunda xornada do simposio na honra de Luísa Villalta, "Mil son eu tan só, tan soa", organizado pola Real Academia Galega nas instalacións da Fundación Barrié. Inma Otero e Henrique Rabuñal son os encargados de poñer inicio ao encontro, que abordará a carreira vital da…
Este martes, 19 de novembro, presentan o seu ensaio en coautoría e editado por Laiovento, Liberdade para o galego, Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Marcos Maceira, historiador e presidente do mesmo organismo. O acto ten lugar na Casa da Calzada do Concello de Cambados, a partir das 20:00 horas.
Unha…
O País Vasco pecha, este venres, 15 de novembro, unha axenda de actividades arredor da publicación de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, de Edicións Xerais, que comezou en Donosti o pasado martes. Como peche para o ciclo, o autor realizará unha presentación da publicación na libraría Elkar de Poza, en Bilbao, acompañado…
Este mércores, o edificio Redeiras da Universidade de Vigo acolleu a presentación do libro A fala de Vigo. Trazos diferenciais dá nosa variedade dialectal, do catedrático da mesma institución Xosé Henrique Costas, editado co apoio da área de Normalización Lingüística. O profesor vincula o nacemento do libro coa proposta da asociación "Faladoiros-Vigo" de realizar unha…
Remataron as Xornadas de Microtoponimia que organizou, nos xoves de setembro, o Concello de Carballo, abondando a riqueza dos nomes desde diversas perspectivas. Unha delas, o primeiro día (nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, así coñecidas desde esa xornada), foi a presentación da plataforma Galicia Nomeada, a través do seu coordinador, Vicente Feijoo. Grazas ás súas explicación, déronse de alta…
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía na entrega dos premios da XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que se celebrou no Museo do Pobo Galego. Este certame de investigación escolar sobre o patrimonio lingüístico e cultural galego é unha iniciativa da Fundación Antonio Fraguas Fraguas coa que colabora a…
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua a adxudicación de catro bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas do centros de estudos galegos localizados na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade da Sorbonne Nouvelle de París (Francia), na Universidade Sapienza de…