O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estableceron unha nova vía de colaboración para promover o uso e a normalización do galego a través de actividades culturais, materiais divulgativos e investigacións sobre a situación da lingua. A presidenta do CCG, Dolores Vilavedra, e o presidente de…
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) porá en marcha este mércores 14 de outubro o ciclo 'Os medios do futuro comezan nas aulas', unha iniciativa que percorrerá as facultades de Ciencias da Comunicación das tres universidades galegas co obxectivo de achegar o estudantado de xornalismo á realidade profesional dos medios en galego. As xornadas,…
A transformación da paisaxe galega como consecuencia da construción de encoros, da actividade industrial, das explotacións mineiras ou do desenvolvemento urbanístico non só modifica o territorio, senón que tamén pode provocar a desaparición dos nomes tradicionais cos que a poboación identificou durante séculos os seus espazos. Esta relación entre os cambios ambientais e a perda…
O concello pontevedrés das Neves afronta unha situación especialmente delicada para a conservación dos nomes tradicionais do territorio: as súas 13 parroquias e 255 entidades de poboación teñen a microtoponimia sen recoller, despois de que o municipio quedase tamén fóra dos traballos de campo desenvolvidos entre 2000 e 2011 polo antigo Proxecto Toponimia de Galicia.…
A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' fará parada este venres en Boimorto cunha sesión que procurará implicar distintas xeracións na conservación dos nomes tradicionais do territorio. A actividade celebrarase a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura e reunirá alumnado do CPI Armando Cotarelo Valledor, persoas usuarias do Centro de Maiores…
O lingüista Ernesto González Seoane propón abrir unha nova etapa na lexicografía galega coa elaboración dun dicionario descritivo de nova planta que permita documentar coa maior amplitude posible o léxico realmente empregado polos falantes e complementar así a función normativa que actualmente desempeña o dicionario académico. A proposta foi formulada este 3 de outubro durante…
O Proxecto Nós presentou este mércores no Parlamento Europeo Arena Nós, unha ferramenta en desenvolvemento coa que pretende avaliar ata que punto os grandes modelos de intelixencia artificial representan correctamente a lingua e a cultura galegas e comparar a súa capacidade para realizar tarefas en galego.
A iniciativa foi presentada durante o encontro 'The role…
A Xunta de Galicia resolveu a concesión de sete bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas situados en universidades de Brasil, Croacia, España e Portugal. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), conta cun investimento superior aos 300.000 euros e permitirá ás persoas seleccionadas desenvolver unha experiencia formativa de…