Skip to content Skip to sidebar Skip to footer
Fotos Rolda Youtubeiras 2024

Os Premios Youtubeiras renacen como Premios Youtubeiras+ ao abrir a participación ás persoas creadoras de contidos en galego en TikTok

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, abre hoxe o prazo de…

A Xunta e Acougo presentan ‘Os Bolechas. Familias acolledoras’

As consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e mais a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), presentaron hoxe o novo proxecto Os Bolechas. Familias acolledoras, un conxunto de materiais dirixidos á xente miúda…

A Xunta e Igaciencia premian a innovación científica en galego entre os mozos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este luns no acto de entrega da terceira edición do certame 'Novos Poliedros', convocado con motivo do Mes da Ciencia en galego pola Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) coa colaboración da Xunta para promover entre os mozos a innovación científica en galego. O representante da Consellería galega,…
Imaxe do Simposio ILG en 2021

O ILG profundará do 28 ao 30 de novembro nas dinámicas xeradas en contextos de contacto lingüístico

O simposio anual do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) desenvolverase do 28 ao 30 de novembro baixo o lema 'Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas'. O encontro abordará o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico. O prazo para formalizar…