Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A Concellería de Cultura convida á crianza galega a coñecer a ollada retranqueira de Xaquín Marín

Ata o día 5 de xaneiro, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela conta coa exposición ‘Xaquín Marín. Humor líquido’. O compendio de obras do artista de banda deseñada, ademais de muralista ou pintor entre outras profesións, amosan máis de sesenta anos da súa traxectoria. Marín naceu no concello de Ferrol, en Fene, no 1943 e destacou or ser o autor de tiras para diarios como Teima o El Ideal Gallego ao respecto da situación crítica da lingua galega.

Pedagoxía en visita e obradoiro

A través do seu usuario na rede social ‘X’, a Concellería de Cultura da capital santiaguesa realizou un convite ás crianzas de 5 a 11 anos para a descuberta da figura de Xaquín Marín este sábado e domingo, 14 e 15 de decembro. As visitas, para que as se pode reservar a inscrición gratuita a través de http://compostelacultura.gal, serán realizadas en dúas sesións diarias de 11:30 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:00 horas en grupos de 30 persoas.

Dende o 2022, a federación de asociacións Galiza Cultura vén traballando na recollida, e devandita exposición, de diferentes pezas de Marín: viñetas, debuxos, cadros… A través do compromiso do xerador de narrativa visual sobre a realidade do galego, é percibible e comprensible a situación e contextos para a cultura e sociedade de Galicia.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.