A queimada é un dos rituais máis recoñecibles da cultura galega contemporánea. Evento típico das longas noites de verán. As lapas azuis do augardente trepando dun recipiente de barro á vez que se recita o místico conxuro, formando unha imaxe que se converteu nun emblema dentro e fóra de Galicia. Mais a súa historia real…
A desaparición dunha pedra, dun camiño, dunha fonte, dunha fraga ou mesmo dunha aldea non implica unicamente unha transformación física da paisaxe. En moitos casos supón tamén a perda do nome co que ese espazo foi identificado durante xeracións. Esta relación entre a modificación do territorio e a desaparición da toponimia será o eixo central…
O actor e humorista Alberte Montes levará este verán o espectáculo Galego pode selo calquera a O Carballiño, Boiro, Ribadeo e Toén dentro de FalaRedes 2026, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración cos concellos participantes.
A proposta consiste nun monólogo cómico que emprega os tópicos, os prexuízos e…
O Concello de Vigo convocou a provisión definitiva da xefatura do Servizo de Normalización Lingüística, segundo a convocatoria publicada no BOP de Pontevedra do 3 de xullo de 2026 e recollida pola CTNL. O procedemento desenvolverase mediante concurso específico.
O posto figura na relación de postos de traballo municipal como xefe ou xefa de normalización…
Os nomes dos negocios non só serven para identificar unha tenda, un bar, unha asesoría ou unha empresa. Tamén forman parte da imaxe dunha cidade. Están nos escaparates, nas fachadas, nos rótulos luminosos, nas placas profesionais ou nas portas de locais que percorremos a diario. Esa presenza, ás veces case invisible pola súa familiaridade, constrúe…
Os XXXVI Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras' comezaron este mediodía en Santiago de Compostela coa recepción oficial ao alumnado participante nesta nova edición. En total, 62 estudantes procedentes de dezaoito países de Europa, Asia e América participarán durante tres semanas nun programa que combina aprendizaxe lingüística, achegamento cultural e convivencia internacional…
Ve a luz unha novela inédita de Ramón Otero Pedrayo escrita no “exilio interior” tras a Guerra Civil
O Consello da Cultura Galega (CCG) puxo á disposición da cidadanía a edición dixital de Contra el filo del río, unha novela inédita de Ramón Otero Pedrayo escrita en 1945. A publicación supón un novo paso na recuperación e difusión do patrimonio literario galego ao dar a coñecer unha obra descoñecida dun dos autores fundamentais…
As escolas oficiais de idiomas de Galicia acollerán durante o curso 2026/27 novos cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e de preparación para a obtención dos certificados Celga. A convocatoria foi publicada a través dunha resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, con cursos que se desenvolverán en dous cuadrimestres.
A oferta inclúe cursos de…