Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 177-184 posts

A CTNL convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras para recoñecer boas prácticas no uso do galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras, unha iniciativa que desde o ano 2019 recoñece accións, programas e proxectos que contribúan a promover o uso e o prestixio da lingua galega. Estes galardóns, que non teñen dotación económica, buscan dar visibilidade ás boas prácticas en…

O Concello de Ames impulsa un novo curso para achegar o galego ás persoas migrantes e doutras comunidades lingüísticas

Dende hoxe permanece aberto o prazo de inscrición no Curso de introdución á lingua e literatura galegas que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. A iniciativa, gratuíta e cunha duración total de 20 horas presenciais, está dirixida a persoas migrantes e veciñanza procedente doutras comunidades…

Unha profesora de inglés do País Valenciano que escolle o galego para vivir: a historia de Mònica

Mònica Richart preséntase con sinxeleza: profesora de inglés na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (centro Luz Pozo Garza) e escritora, con dúas novelas publicadas en valenciano/catalán e unha terceira prevista para novembro. O seu punto de inflexión co galego chega en 2023, cando se prepara para un lectorado na Universidade de Santiago de Compostela. Anticipándose…

Margot Sponer: unha filóloga alemá que estudou o galego e agora protagoniza unha banda deseñada

A banda deseñada A tese de Margot achega ao público a figura de Margot Sponer (1898–1945), filóloga alemá pioneira nos estudos galegos e autora da tese Altgalizische Urkunden. Documentos antigos de Galicia. Publicada en agosto de 2025 no marco do festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, a novela gráfica propón unha lectura divulgativa e documentada…

A historia de Violeta entre Granada e Compostela: “Hai quen non entende que se poida aprender galego por gusto”

Violeta é de Granada e prepara a súa tese de doutoramento en Historia na Universidad de Granada. Nunca tivera un vínculo directo co galego ata que, por accidente, un libreiro lle entregou unha tradución de Xerais no canto do exemplar que pedira. Ese primeiro contacto ficou como unha simple anécdota ata anos despois, cando, no…

Do texto á voz: como adestra o galego a IA e por que fan falla consentimento, transparencia e remuneración

Esta pasada fin de semana tivo lugar en Compostela o encontro Galeusca 2025, no que, entre outros asuntos relacionados coa lingua galega, falouse sobre intelixencia artificial, nunha mesa redonda na que estivo presente Rubén Cela, director da Oficina Técnica do Proxecto Nós, un proxecto que busca incrementar a presenza da lingua galega no ámbito da…

O CEIP Millladoiro de Malpica recibe o Premio ‘Na lingua que eu falo’ da RAG

A Real Academia Galega (RAG) celebra o Día Europeo das Linguas cun novo galardón ás iniciativas que promovan o galego na infancia, outorgado na súa primeira edición ao CEIP Milladoiro de Malpica. Faino, indica, para destacar "o bo facer" da comunidade educativa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Milladoiro", que inaugura o Premio 'Na lingua…