O Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía vén de abrir o prazo de inscrición para un curso de competencias clave en lingua galega, nivel 2, dirixido especificamente a mulleres. A iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das participantes e facilitar o acceso aos certificados de profesionalidade, ademais de acreditar a formación en galego…
O polaco Kuba leva sete anos vivindo en Barcelona, onde compaxina os seus estudos de filoloxía catalá cun traballo no sector do marketing dixital. Activista de linguas minorizadas e falante de idiomas como o catalán, o occitano ou o siciliano, asegura que o seu interese polas linguas está guiado por unha idea fundamental: a xustiza.
Explica…
“Para min, falar galego é un orgullo”: unha neofalante de Edimburgo que medra co corazón en Lourenzá
Sofía ten 16 anos e vive en Edimburgo, Escocia. Filla dun galego de San Adriano de Lourenzá e dunha muller polaca, a súa vida estivo desde moi cedo marcada polo contacto coa lingua galega. Aprendeu a falala de pequena, durante os dous anos que pasou na Escola Vilanova de Lourenzá, onde tivo como mestra a…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) acaba de publicar, coa colaboración da Fundación Barrié e a Editora USC, o oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), que leva por título Léxico. O ser humano (III). A obra culmina a triloxía dedicada ao léxico vencellado ao ser humano e supón un novo fito na investigación dialectolóxica…
A trixésimo quinta edición dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’ chegou á súa fin este xoves 24 de xullo cun acto de clausura no que se fixo entrega dos diplomas aos sesenta estudantes participantes, procedentes de máis de vinte países de Europa, América e Asia. O programa, impulsado desde 1988 polo…
Andy Chichester é mestre de Infantil e vive en Potsdam, unha pequena localidade no estado de Nova York, nos Estados Unidos. Desde hai seis anos, dedica parte do seu tempo libre a aprender e practicar galego, unha lingua que lle chamou a atención tras unha viaxe á Coruña. Hoxe, converteuse nun creador de contido en…
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou que este martes se habilitará na páxina web da súa Consellería unha "canle virtual" para recoller as propostas de todos aquelas persoas que desexen participar na renovación do Plan de Normalización Lingüística. En declaracións aos medios antes de reunirse cos responsables das 11 comisións formadas para…
O galego e a súa diversidade dialectal dan un novo paso para garantir a súa presenza no ecosistema dixital do futuro, ademais de documentar e protexer a súa riqueza oral. A plataforma colaborativa Common Voice, alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala, que permitirá rexistrar…