Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O Celta consegue que ‘canteirán’ e ‘canteirá’ entren na RAG

O Dicionario da Real Academia Galega acaba de incorporar as voces 'canteirán' e 'canteirá', despois de que o Real Club Celta de Vigo solicitase o seu recoñecemento. A actualización inclúe tamén dúas novas acepcións para a palabra 'canteira', relacionadas coa formación de persoas con talento e, particularmente, co ámbito deportivo. As modificacións xa están dispoñibles na…

A RAG reunirá en Vigo unha ducia de voces para afondar na literatura, o xornalismo e a vida de Begoña Caamaño

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro sábado 21 en Vigo o Simposio das Letras Galegas 2026, unha xornada dedicada a analizar a obra literaria, a carreira xornalística e a dimensión persoal de Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014), protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. O encontro, titulado 'Begoña Caamaño:…

Que palabra define mellor este ano? Arranca a campaña para escoller a Palabra do Ano 2026

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié puxeron en marcha este mércores unha nova edición da campaña para escoller a Palabra do Ano 2026, unha iniciativa que convida a cidadanía a identificar o termo que mellor represente os acontecementos, preocupacións e experiencias colectivas dos últimos doce meses. A elección desenvolverase a través do Portal…

Das aldeas sepultadas polos encoros aos nomes esquecidos: a RAG analiza este sábado a desaparición da toponimia galega

A transformación da paisaxe galega como consecuencia da construción de encoros, da actividade industrial, das explotacións mineiras ou do desenvolvemento urbanístico non só modifica o territorio, senón que tamén pode provocar a desaparición dos nomes tradicionais cos que a poboación identificou durante séculos os seus espazos. Esta relación entre os cambios ambientais e a perda…

As Neves ten toda a súa microtoponimia por recoller e leva catro anos sen incorporar un só nome a Galicia Nomeada

O concello pontevedrés das Neves afronta unha situación especialmente delicada para a conservación dos nomes tradicionais do territorio: as súas 13 parroquias e 255 entidades de poboación teñen a microtoponimia sen recoller, despois de que o municipio quedase tamén fóra dos traballos de campo desenvolvidos entre 2000 e 2011 polo antigo Proxecto Toponimia de Galicia.…

Boimorto busca recuperar os nomes da súa terra coa axuda de maiores e escolares

A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' fará parada este venres en Boimorto cunha sesión que procurará implicar distintas xeracións na conservación dos nomes tradicionais do territorio. A actividade celebrarase a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura e reunirá alumnado do CPI Armando Cotarelo Valledor, persoas usuarias do Centro de Maiores…

González Seoane propón un novo dicionario descritivo para documentar o galego que realmente se usa

O lingüista Ernesto González Seoane propón abrir unha nova etapa na lexicografía galega coa elaboración dun dicionario descritivo de nova planta que permita documentar coa maior amplitude posible o léxico realmente empregado polos falantes e complementar así a función normativa que actualmente desempeña o dicionario académico. A proposta foi formulada este 3 de outubro durante…