A publicación de Toponimia de Padrón e Pontecesures supón un novo chanzo no longo percorrido investigador de Fernando Cabeza Quiles , un dos principais divulgadores da toponimia galega contemporánea. O volume, integrado na colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e da Asociación Galega de Onomástica, continúa unha serie iniciada cos libros…
O galego tivo presenza esta semana na Feira Internacional do Libro de Nova Deli, un dos principais eventos editoriais do sur de Asia, da man de Vikash Kumar Singh, exalumno dos cursos de lingua e cultura galegas Galego Sen Fronteiras impulsados pola Real Academia Galega . A intervención tivo lugar este xoves no marco…
A campaña da Palabra do Ano 2025 entra na súa fase decisiva coa apertura da votación telemática no Portal das Palabras, a iniciativa impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié para divulgar o léxico galego e promover a participación cidadá arredor da lingua. Desde hoxe e ata o domingo 21 de decembro…
O Dicionario da Real Academia Galega incorpora un cento de novas voces na súa última actualización, un proceso co que a institución continúa ampliando e afinando esta ferramenta fundamental para o uso e estudo da lingua. Entre as incorporacións destacan palabras que completan familias léxicas xa presentes, como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo,…
O CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños será o primeiro destinatario do Premio ‘Na lingua que eu falo’, creado pola Real Academia Galega (RAG) para recoñecer iniciativas que fomenten o uso e a transmisión do galego entre a infancia. O acto de entrega celebrarase o 17 de novembro no centro cívico de Malpica, a carón…
O proxecto ‘Modo galego, actívao’ naceu hai catro anos da confluencia entre o Seminario de Sociolingüística da RAG, o Concello de Ames e os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos. A súa premisa é clara, como resumiu Vázquez Grandío: “Quere ser un intento de transcender o diagnóstico e pasar á intervención”. Cada actividade concíbese,…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, participou este luns en Donostia na reunión constitutiva do Consello das Linguas Oficiais, o novo órgano creado polo Goberno español para substituír o antigo Consello das Linguas da Administración Xeral do Estado. A nova estrutura incorpora representantes dos gobernos das comunidades autónomas con lingua propia, entre…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica.
En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…