Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A RAG propón cambiar a grafía dunha parroquia de Carballo tras anos de controversia

A Real Academia Galega proporá á Xunta de Galicia que recolla no Nomenclátor revisado un cambio de grafía no nome da parroquia carballesa de Berdillo, ata agora escrito oficialmente con B. O Seminario de Onomástica da institución determinou, logo dun demorado e completo estudo, que as atestacións gráficas históricas autorizan a propor que pase a escribirse Verdillo, con V.…

Manifestacións, música, exposicións… celebran as Letras Galegas por toda Galicia

A figura de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) e a reivindicación do galego son as protagonistas deste 17 de maio, Día das Letras Galegas. En todo o territorio galego diferentes actos celebrarán o día das Letras Galegas, e renderán homenaxe ao autor de Valdeorras. Dende música e exposicións ata manifestacións, lembrarán ao homenaxeado deste ano, así…

O Día das Letras Galegas dálle nova vida ao Córgomo, a patria natal de Florencio Delgado Gurriarán

A Real Academia Galega (RAG) celebrará este 17 de maio a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas en Córgomo, no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras, localidade natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). O acto terá lugar na Aira dos Birlos, un lugar cargado de simbolismo na vida e obra do autor homenaxeado e onde se…

Un Florencio Delgado de neno e uns prismáticos máxicos para que a cativada coñeza ao homenaxeado das Letras Galegas

“Ola, estou aquí! Recíbesme? Parece que si! Antes de nada tes que saber algo importante: estou un pouco nervioso. Contratáronme para contarche a historia da miña vida.” Así se presenta o propio Florencio Delgado Gurriarán na biografía “Son o poeta que cruzou o océano”, elaborada pola escritora Ledicia Costas. Unha encarga da Real Academia Galega…

A guerra de Ucranía tamén afecta aos topónimos: Kiev ou Kíiv?

O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG) aprobou, na súa última reunión, as adaptacións ao galego de varios topónimos de Ucraína, a capital e outras cidades. Segundo explicou a RAG este martes a través dun comunicado, de acordo coas recomendacións internacionais e a "necesaria transliteración" desde o alfabeto cirílico da lingua ucraína, utilizarase Kíiv para o caso da…