Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Víctor Freixanes: “O galego de Asturias non é un invento da RAG nin dos galeguistas”

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, reivindicou a presenza do galego en Asturias para reclamar que se declare a súa oficialidade, en igualdade de condicións que o asturiano, no novo Estatuto de Autonomía desta comunidade autónoma. Concellos de Asturias onde se fala galego / wikipedia Fíxoo aludindo aos "dereitos" daqueles asturianos que usan o galego e a…

Xa podes votar pola palabra galega do ano: Tanxugueiras, coada, gromo, resilencia e vacinódromo

'Tanxugueiras', 'coada', 'gromo', 'resiliencia' e 'vacinódromo' son as cinco candidatas a converterse en Palabra do Ano 2021 en Galicia. A partir deste martes, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, promotoras deste certame, abrirán a fase de votación telemática ata as 23,59 horas do sábado 25 de decembro. Estes son os cinco termos finalistas que superaron a primeira fase…

500.000 nomes para coñecer Galicia

A aplicación 'Galicia Nomeada' incorporou este outono 160.000 microtopónimos recollidos entre os anos 2000 e 2011 polo Proxecto Toponimia de Galicia (PTG). Esta plataforma, creada en colaboración entre a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, púxose en marcha no ano 2019 e ten o obxectivo de recuperar e divulgar topónimos de todo o país. Con esta última…