Rachar coa desigualdade no mundo da literatura galega e na Real Academia galega. Ese é o chamado realizado por un grupo de mulleres, autoras e editoras galegas xunto á presidenta da Deputación Carmela Silva e á presidenta da asociación "Clásicas y Modernas", Fátima Anllo, para facer fronte á desigualdade no mundo literario. E fano a…
A perda do académico e polifacético autor Darío Xohán Cabana conmocionou á sociedade galega e as redes sociais enchéronse de voces da política, a cultura e o movemento asociativo para dedicar unhas palabras de recordo e homenaxe á que foi unha das principais figuras da literatura galega contemporánea.
A Real Academia Galega expresou o seu "profundo…
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mostrou o seu apoio aos acordos adoptados na asemblea xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), celebrada en Santiago de Compostela, e que reclamou a derrogación do 'decreto do plurilingüismo' e que se garanta o galego como idioma vehicular en todas as etapas educativas.
Fíxoo, a preguntas dos xornalistas,…
Os centros de educación infantil e primaria Manuel Mallo Mallo (Lugo), do Carballal (Marín) e Souto-Donas (Gondomar) son os gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para profundar na…
Darío Gil, fillo de Xela Arias, abrirá este xoves día 11 o simposio que a Real Academia Galega lle dedica no mes de novembro á protagonista do Día das Letras Galegas 2021. Será nunha tarde centrada na vida e no compromiso social e cultural da homenaxeada que contará tamén coas achegas da profesora da Universidade…
A VI Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes dos lugares no Camiño de Santiago. O encontro, coorganizado pola Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, achegará diversas contribucións arredor da toponimia do primeiro Itinerario Cultural Europeo cadrando coa celebración do Ano Santo Compostelán. O programa desenvolverase o vindeiro 16 de…
"O acceso ao sistema educativo exerce un forte efecto desgaleguizador nos nenos e nenas desde as idades máis temperás, moito antes do constatado nos estudos realizados ata o momento, centrados maioritariamente na adolescencia". É a dura realidade que sinala a RAG tras a presentación do Mapa sociolingüístico escolar de Ames no que se detecta unha perda…
“O topónimo que lle dá nome ao concello de Triacastela e unha das súas parroquias procede do latín TRIA CASTELLA, que significa ‘tres castelos’. TRIA é o plural neutro do numeral tres e CASTELLA é o plural neutro de CASTELLUM < CASTRUM ‘castro’. Polo tanto, fai referencia á existencia de ‘tres castriños’ neste territorio”. En…