Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Día das Letras Galegas dálle nova vida ao Córgomo, a patria natal de Florencio Delgado Gurriarán

A Real Academia Galega (RAG) celebrará este 17 de maio a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas en Córgomo, no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras, localidade natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). O acto terá lugar na Aira dos Birlos, un lugar cargado de simbolismo na vida e obra do autor homenaxeado e onde se sitúa a actual Casa do Pobo, que no seu día foi tenda da aldea, rexentada polo seu tío Manuel.

Así, a cerimonia consistirá en tres intervencións sobre o poeta a cargo do académica Rosario Álvarez Blanco e dos académicos Ramón Villares e Xesús Alonso Montero. Pechará o pleno o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. As intervencións poderán seguirse en directo pola web academia.gal (12,30 horas).

A celebración será unha festa aberta a todos os veciños nun espazo no que o autor homenaxeado adoitaba xogar aos birlos, unha tradición que inmortalizou nas páxinas de ‘Galicia infinda’ (1963). Ademais, para a ocasión viaxarán ata o municipio ourensán desde América as súas fillas Celia, Carmiña e Maruxa, e os seus netos. Toda a información en Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.