Cangas celebrará os días 2 e 3 de outubro as II Xornadas do Galego no Videoxogo e Uso Saudable, unha iniciativa que combinará a presenza da lingua na cultura dixital coa divulgación sobre os hábitos de consumo de videoxogos entre nenos, nenas e adolescentes. A proposta está especialmente dirixida ás familias e incluirá tamén a…
A iniciativa LGx15. Ideas para o futuro da lingua celebrará o vindeiro sábado 10 de outubro, ás 19.00 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a súa duodécima edición. O encontro reunirá seis novas intervencións arredor do presente e do futuro do galego, con propostas que abordarán ámbitos como o deporte, a educación, a…
Os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística analizarán este ano o papel da música na creación de espazos de uso, identificación e difusión do galego. A xornada celebrarase o 20 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, baixo o lema Música, orgullo e identidade.
O encontro, organizado polo…
Os grupos parlamentarios do PPdeG e do PSdeG asinaron este xoves un acordo para modificar a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) presentada o pasado mes de xullo. O pacto conta tamén co apoio de Democracia Ourensana e introduce seis modificacións no documento, ademais de oito acordos complementarios, segundo…
A Real Academia Galega (RAG) entregou este mércores ao IES Rafael Dieste da Coruña o Premio 'Na lingua que eu falo', un recoñecemento destinado a iniciativas que destacan polo seu traballo a prol da normalización do galego. O galardón recaeu nesta ocasión no proxecto 'Aquí tamén se fala!' (ATSF), impulsado desde o propio centro educativo…
A Universidade de Santiago de Compostela mantén aberto ata o vindeiro 20 de xuño o prazo para presentar candidaturas ao Premio Luís Porteiro Garea, un recoñecemento público ao esforzo de persoas, entidades ou colectivos que traballaron a prol da normalización do uso do galego na universidade.
O galardón, convocado pola USC, chega este ano á…
Ata hai pouco, a música en galego estaba asociada principalmente a bailes tradicionais e cancións populares. Con todo, nos últimos anos produciuse unha notable transformación: unha nova xeración de artistas incorporou o galego a estilos moi diversos e situouno nun espazo de visibilidade masiva. Paradoxalmente, este auxe cultural prodúcese nun contexto no que o uso…
A presenza das linguas minorizadas nas aplicacións móbiles continúa sendo limitada. No caso do galego, a escaseza de ferramentas específicas e as críticas dos usuarios á calidade das traducións evidencian as dificultades para adaptar estas linguas ao ecosistema dixital actual.
Volvendo ao estudo de Nuria García García, As linguas románicas minorizadas da Península Ibérica nas apps,…