“A fiestra de Rosalía” é o nome co que o artista vilalbés Pablo Lage Van Kraft bautizou unha gran imaxe da escritora galega, que agora se pode ver na aldea lucense. Durante a pasada semana, o graffiteiro elaborou un mural que homenaxea a Rosalía de Castro.
A fachada lateral dun edificio particular entre a rúa Conde…
Galicia conságrase como o país invitado na 15ª edición da Expoesía de Soria, unha feira que anualmente leva ás rúas a poesía e que este ano se celebrou do 1 ao 7 de agosto. Este ano, a lírica en galego foi a protagonista, da man dunha delegación de escritores e editores que acudiron á cidade…
As obras A rosa de cen follas e As Romaxes da Franqueira, de Ramón Cabanillas, así como unha Introdución ás Cantigas de Santa María, de Afonso X xa contan cunha nova versión bilingüe, neste caso ofrecendo a literatura galega en xaponés. O tradutor e lingüista Takekazu Asaka foi o responsable destas edicións, que achegarán a…
No 2000 Ledicia Costas chegaba, aínda sendo unha adolescente, ao mundo da literatura, publicando a súa primeira novela Unha estrela no vento (Edicións Xerais). Este foi o inicio dunha carreira repleta de éxitos, con máis de 20 títulos ás súas costas que a converten nunha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega.
Coa…
Nunha rápida ollada á literatura galega podemos atopar unha chea de nomes propios, tanto de persoas como de lugares, algúns deles reais, outros nacidos no mundo da ficción. Novoneyra falábanos do Courel, e Rosalía de Bastavales e as súas campás. Outros nomes son parte da cultura galega, como é Balbino, un neno de aldea, ou…
Ler libros en galegos está ben. Escoitalos tamén, e agora é posible. Léocho?, a primeira editorial de audiolibros en galego verá a luz o vindeiro 8 de xullo. Así o anunciaron no seu perfil de Twitter, nomeando a Valentín Lamas Carvajal coa súa cita “comprádenos, que vos habedes rir un pouco e darme as gracias…
A entidade Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, vén de publicar Fisterra, unha obra composta por 40 relatos curtos inéditos que percorre a tradición narrativa galega. Méndez Ferrín, Marina Mayoral, Darío Xohán Cabana ou Olga Novo son algúns dos autores que se atopan entre as máis de 450 páxinas que conforman a obra.
Un “encontro virtual…
Dende o 2006 o Premio Narrativa Breve en lingua galega busca promover a creación literaria na nosa lingua, outorgando un total de 12.000 euros á persoa gañadora, así como a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.
O certame, promovido pola Fundación Repsol e a Xunta de Galicia busca fomentar a cultura e a lingua…