con excursións, visitas culturais, obradoiros de música e baile tradicional e palestras. Neste último apartado, o alumnado poderá escoitar a Berta Dávila reflexionar sobre a experiencia de escribir e edita libros; Rosalía Fernández Rial ofrecerá un relatorio sobre o poético en diálogo con outras artes; o catedrático de Historia Contemporánea da USC e académico de número Lourenzo Fernández Prieto deterase na emigración contemporánea a América; a filóloga do ILG María Álvarez de la Granja falará sobre a fraseoloxía galega; e a académica correspondente e profesora de Didáctica da Lingua da USC Montse Pena Presas achegará o alumnado á vida e á obra de Luísa Villalta, a autora protagonista do Día das Letras Galegas 2024.
O programa desenvólvese, co apoio económico da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, baixo a dirección do vicesecretario da RAG e catedrático de Filoloxía Galega da USC, Henrique Monteagudo, e coa académica de número e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura María López Sández como secretaria académica.