A Real Academia Galega celebra este sábado no Museo de Pontevedra o VII Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre os nomes propios e a literatura. A inauguración estará a cargo do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a coordinadora do programa, a académica Luz Méndez; a deputada de Lingua, María Ortega; e o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rei.
Berta Dávila, Marcos Calveiro, Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre conversarán sobre os nomes de personaxes nas súas obras de ficción. Haberá tamén un acto poético e musical a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo e Magdalena Gamallo, titulado “Cántico dos poemas esdrúxulos”. A onomástica na obra de Rosalía de Castro e a relación da toponimia coa ecopoesía son algúns dos temas que abordarán os especialistas na quenda de intervencións. Será nun programa aberto ao público.