Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Das aldeas sepultadas polos encoros aos nomes esquecidos: a RAG analiza este sábado a desaparición da toponimia galega

A transformación da paisaxe galega como consecuencia da construción de encoros, da actividade industrial, das explotacións mineiras ou do desenvolvemento urbanístico non só modifica o territorio, senón que tamén pode provocar a desaparición dos nomes tradicionais cos que a poboación identificou durante séculos os seus espazos. Esta relación entre os cambios ambientais e a perda…

Descubrindo apelidos galegos: Castro

O apelido Castro, de orixe galega e portuguesa, está hoxe presente en todos os continentes. Procedente do latín castrum, que significa "fortaleza" ou "poboado fortificado", o apelido reflicte unha conexión histórica cos antigos castros do Reino de Galicia, dende onde se espallou cara a León e Castela. Segundo os últimos datos do Instituto da Lingua…

A RAG publica un volume que recolle os relatorios da última Xornada de Onomástica Galega

A Real Academia Galega (RAG) incorporou ao seu catálogo de libros dixitais un volume que recolle os relatorios presentados na IX Xornada de Onomástica Galega, celebrada o pasado 19 de outubro no Museo de Pontevedra. O tema central do encontro foron os chamados "outros nomes", aqueles que non designan persoas nin lugares, cunha atención especial…

Ecopoesía, cando o Prestige é un nome en verso

A frecuencia dos topónimos é extremadamente significativa nas composicións de temática ecolóxica etiquetables baixo o termo emerxente ecopoesía. “A análise da (micro)toponimia representada nestes textos, especialmente nos que teñen como tema a defensa de espazos agredidos, revela unha serie de estratexias asociadas ao reforzo da identidade, a resistencia e a ecoloxía dos nomes”, salienta María Xesús…