O concello de Quiroga afronta este venres, 28 de agosto, unha tarefa de grandes dimensións: recuperar boa parte dos nomes tradicionais cos que durante xeracións a veciñanza identificou leiras, camiños, fontes, penedos, regos, montes e outros elementos da paisaxe. A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra retoma aquí o seu percorrido despois da…
A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chegará este venres, 5 de xuño, a Betanzos cunha charla aberta á veciñanza sobre a recolla e conservación da microtoponimia local. A sesión celebrarase ás 19:30 horas no Salón Azul do Edificio do Arquivo e terá como obxectivo explicar como calquera persoa pode colaborar na documentación…
O municipio de Valdoviño acollerá este venres a primeira sesión deste ano da campaña 'Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra', unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua para promover a recuperación, conservación e difusión da toponimia galega. A actividade celebrarase na Casa da Cultura, a partir das 19:30 horas,…
Se os nomes dos concellos abren debates públicos e ocupan titulares, os microtopónimosviven moitas veces nun plano máis discreto. Son menos visibles, menos oficiais e, con frecuencia, menos discutidos. Pero constitúen unha das partes máis extraordinarias do patrimonio cultural galego. Falamos dos nomes das leiras, dos camiños, das pedras, das fontes, dos montes pequenos, dos…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra vén de presentar a súa novena edición cunha ampliación do seu alcance territorial e da participación cidadá na recollida e preservación da toponimia galega. O secretario xeral da Lingua, Valentín García , destacou durante o acto a relevancia desta iniciativa como ferramenta para a protección…
A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á súa fin este xoves, 6 de novembro, no Auditorio Municipal de Val do Dubra, onde ás 20:30 horas terá lugar a derradeira charla do ciclo. A iniciativa, promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Secretaría Xeral da Lingua, busca difundir…
Vicente Feijoo, filólogo da Real Academia Galega, é o coordinador técnico de Galicia Nomeada e responsable das charlas da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa que leva anos percorrendo Galicia para concienciar sobre o valor da microtoponimia e promover a súa recolla mediante unha aplicación móbil colaborativa. Con máis de 90.000…
Remataron as Xornadas de Microtoponimia que organizou, nos xoves de setembro, o Concello de Carballo, abondando a riqueza dos nomes desde diversas perspectivas. Unha delas, o primeiro día (nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, así coñecidas desde esa xornada), foi a presentación da plataforma Galicia Nomeada, a través do seu coordinador, Vicente Feijoo. Grazas ás súas explicación, déronse de alta…