A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebrou este luns en Santiago de Compostela un obradoiro formativo centrado no uso do Fediverso como alternativa ás redes sociais tradicionais. A actividade, titulada 'Medios locais no Fediverso: por unhas redes sociais máis sanas', estivo impartida polo experto en comunicación dixital Joxe Rojas e reuniu a profesionais do…
O Concello do Barco de Valdeorras porá en marcha durante as vacacións de Semana Santa unha experiencia piloto de inmersión lingüística en galego dirixida á infancia. A iniciativa, presentada pola concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, desenvolverase ao longo de tres días baixo o lema ‘Galego modo on’, coa intención de fomentar o uso da lingua…
A CIG-Ensino vén de presentar unha nova ferramenta dentro da campaña “Eu ensino en galego”, iniciada no comezo do presente curso académico, coa publicación dunha “Guía para a normalización lingüística desde os Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDLG)”, elaborada pola docente Valentina Formoso Gosende.
A iniciativa enmárcase nun contexto que o sindicato…
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Poesía, Afundación, a Obra Social de Abanca, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Centro PEN de Galicia, anunciaron a convocatoria da vixésimo cuarta edición do Premio de Poesía, unha iniciativa orientada a promover o uso do galego na creación poética.
O certame está aberto…
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) dará un novo paso na súa relación co ámbito literario palestino coa sinatura dun convenio de colaboración coa Unión Xeral de Escritoras e Escritores Palestinos, un acordo que se formalizará coincidindo coa entrega do recoñecemento ao Escritor Galego Universal 2026.
O acto terá lugar no…
Os sistemas de infoentretemento convertéronse nun dos elementos centrais dos vehículos actuais, integrando funcións que van desde a navegación GPS ata o control de diferentes parámetros do coche. Neste contexto de evolución tecnolóxica, a presenza da lingua tamén adquire relevancia como ferramenta de accesibilidade e uso cotián.
A marca automobilística Cupra deu un paso neste…
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e a Irmandade Xurídica Galega avanzan na elaboración do que podería ser o primeiro gran acordo de promoción do uso do galego cos corpos de seguridade do Estado. O obxectivo do encontro celebrado este xoves foi analizar posibles fórmulas de colaboración que contribúan a…
A cidade de Vigo acollerá desde o vindeiro 23 de marzo unha nova edición do ciclo 'A lingua galega no cinema', unha proposta impulsada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra e diversas entidades do ámbito cultural e audiovisual.
A iniciativa, que se prolongará ata o 29…