Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Aproveita o Nadal para agasallar en galego

Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos... A Mesa pola Normalización da Lingüística distribuirá de xeito gratuíto esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra, un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal. "Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o…

O 2023, ano do Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

A Xunta porá en marcha o próximo ano o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, tras o cumprimento de todos os trámites necesarios e as correspondentes audiencias e informacións públicas. Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do observatorio é servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de…

Campaña para que Google Maps ou Apple Maps non deturpen a toponimia galega

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou o lanzamento da campaña 'Polo seu nome', coa que busca mobilizar a poboación pola restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas dixitais. A campaña reclama das compañías de mapas dixitais e navegación a restitución da toponimia nas súas aplicacións, sinalizando os lugares unicamente coas formas galegas, lexítimas e oficiais e…

Cando o galego se fai música e historia ao mesmo tempo

Combinar a narración oral, a literatura infantil contemporánea e a música. Ese é o obxectivo de  'Son de contos'. A partir de tres relatos, obra de escritoras e escritores galegos contemporáneos, outros tantos compositores do ámbito da musica culta elaboran cadansúa partitura nun exercicio de sensibilidades, confluencia e compenetración. A escritora viguesa Ledicia Costas encargarase…