Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

As Pontes súmase á Rede de Grupos de Conversa en Galego cun novo espazo semanal para gañar soltura na lingua

O Concello das Pontes porá en marcha a iniciativa Falarmos... Nós!, un novo grupo de conversa en galego dirixido a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa fluidez oral, incorporar máis galego á súa vida diaria ou atopar novos espazos de socialización arredor da lingua propia de Galicia. A actividade celebrarase cada mércores, de…

Queremos Galego chama a encher Santiago o 17 de maio para situar o galego no centro da vida cotiá

Queremos Galego convocou para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha manifestación nacional en Santiago de Compostela co obxectivo de reivindicar o galego como eixo central da vida social e institucional de Galicia e reclamar avances efectivos na garantía dos dereitos lingüísticos. A mobilización, que partirá ás 12.00 horas da Alameda e…

A lingua galega busca futuro na IA: a USC recibirá novo impulso para evitar a súa “extinción dixital”

A Universidade de Santiago de Compostela consolidará a súa posición no desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas en galego tras recibir a confirmación dun novo apoio económico por parte do Goberno central para avanzar na creación de modelos de intelixencia artificial (IA) adaptados á lingua propia de Galicia. A continuidade deste respaldo foi trasladada pola secretaria de Estado…

A Xunta eleva a 300.000 euros as axudas para editar en galego materiais didácticos non universitarios

A Xunta de Galicia incrementou nun 50 % a partida destinada ás axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares dirixidos aos niveis non universitarios, situando a contía total desta convocatoria en 300.000 euros para este ano. Así o recolle a resolución publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), nunha…

A Deputación de Pontevedra destina 200.000 euros aos servizos de normalización lingüística municipais

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de 200.000 euros en axudas destinadas aos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) das entidades locais da provincia. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, quen explicou que esta liña de financiamento busca reforzar o papel do galego como lingua de traballo e de comunicación no ámbito municipal.…

Galicia: unha terra con dous millóns de nomes

Se os nomes dos concellos abren debates públicos e ocupan titulares, os microtopónimosviven moitas veces nun plano máis discreto. Son menos visibles, menos oficiais e, con frecuencia, menos discutidos. Pero constitúen unha das partes máis extraordinarias do patrimonio cultural galego. Falamos dos nomes das leiras, dos camiños, das pedras, das fontes, dos montes pequenos, dos…

Un ano en Galicia e tres meses falando galego: a aposta de Sara, unha neofalante catalá

A historia de Sara, unha moza de Tarragona que leva arredor dun ano vivindo en Galicia, exemplifica un proceso de achegamento á lingua galega desde fóra que combina motivación persoal, interese cultural e vontade de integración. Aínda que a súa chegada responde a “motivos da vida”, segundo explica, foi xa en territorio galego onde decidiu…