Compostela converteuse este 17 de maio nun amplo escenario de reivindicación social en defensa da lingua galega, cunha mobilización convocada pola plataforma ‘Lingua Vital Xa!’ que reuniu varios milleiros de persoas coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A marcha, secundada por participantes chegados de distintos puntos de Galicia, percorreu durante varias horas algunhas das principais rúas do centro da capital galega nunha demostración de forza arredor da defensa e promoción do idioma propio.
Máis información en Xornal de Compostela