Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 497-504 posts

A Consellería de Cultura abre o prazo para propostas empresariais de dinamización á lectura en bibliotecas

Ata o 20 de xaneiro, a Xunta de Galicia abre a convocatoria da presente campaña 'Ler conta moito 2025', a través da que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca promover o hábito lector entre a poboación dende as instalacións das bibliotecas públicas galegas. Ao catálogo pódense sumar empresas e profesionais galegos do eido…

A socialización en galego entre as crianzas culmina na Festa do Apego

O proxecto Apego, impulsando dende os servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos co obxectivo de promover e ofertar a posibilidade a unha socialización en lingua galega entre a infancia do territorio, está a desenvolver a súa programación especial pola época do Nadal. Logo de diferentes obradoiros, dende gastronómicos a científicos, así como a…

O premio #DígochoEu recibe propostas audiovisuais do estudantado galego ata o 22 de decembro

Xa pola súa cuarta edición, o concurso #DígochoEu ten aberta a convocatoria deste ano na que lle propoñen ao estudantado galego de Primaria e Secundaria a creación dun vídeo de menos dun minuto sobre un tema próximo á súa contorna. Orixinalidade e innovación son as máximas que propoñen ao estudantado para conseguir, como nas edicións…

Fátima e Álvaro, creadores de Galego para nenos: “Non podiamos facer nada coma Patrulla Canina pero si vídeos cos que aprender as cores, as letras, os animais…”

Coa súa última suba, unha panxoliña en galego sobre o apalpador, Galego para nenos, ou Fátima e Álvaro, continúan co seu activismo artístico en favor da aproximación da lingua a toda a crianza do territorio, sen descoidar aquela "con necesidades educativas especiais". A través das súas plataformas e redes sociais de YouTube, Instagram, TikTok, X…

“Bicos a Moreas”, a iniciativa dende o estudantado e comercio local estradense para a promoción do galego

Este luns, o colexio O Foxo, en A Estrada, presentou a campaña "Bicos a Moreas", xa pola súa décimo segunda edición, que busca promover o uso do galego a través do reparto de adhesivos deseñados e creados polo alumnado, empregando diferentes debuxos e mensaxes en lingua galega. Neste curso académico, o estudantado realizou un total de…