FEIRACO volverá conmemorar o Día das Letras Galegas cunha nova edición do seu Certame de Microrrelatos, que neste 2026 alcanza a súa décimo cuarta convocatoria poñendo o foco na figura de Begoña Caamaño e no universo literario e ideolóxico que marcou a súa traxectoria. Baixo o lema 'Vai de mulleres', a cooperativa galega propón nesta…
O Servizo Galego de Saúde avanza na incorporación de novas medidas para fomentar o uso do galego na sanidade pública galega, tanto entre o persoal sanitario como na relación coa cidadanía. Así o expuxo este sábado no Parlamento de Galicia o xerente do organismo, José Ramón Parada, durante a súa intervención na Comisión 5ª de Sanidade,…
No CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños, a lingua galega non se traballa só como unha materia. Cántase, entrevístase, regueifase, dramatízase, investígase, lévase á radio, convértese en festa e tamén en memoria familiar. Esa é a base de 'Revolta Galega', o proxecto co que o centro vén de gañar un dos Premios Mil Primaveras,…
Galicia levou esta semana a Estocolmo a súa estratexia de promoción e dinamización do galego nun foro europeo centrado na diversidade lingüística e no futuro das linguas propias. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en distintas reunións da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), nas que presentou ante representantes doutras…
Achégase o 17 de maio, día das Letras Galegas, e a RAG estrea o videopódcast Colchas de voces. No primeiro episodio, conducido pola xornalista Alba Mancebo, convidaron ao dúo vigués Fillas de Cassandra. Xuntas reflexionaron sobre a obra de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras deste ano, e o que as une a ela e ao…
A Ribeira de Piquín converteuse este mércores nun espazo de encontro entre xeracións, memoria e patrimonio coa celebración dunha nova edición do RadioVisual do Patrimonio, un proxecto impulsado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! (PNO!) que combina radio en directo, creación audiovisual, música e participación comunitaria para poñer en valor o patrimonio cultural…
Na actualidade a tecnoloxía está presente en todos os ámbitos da vida cotiá e está ao servizo do usuario para todas as súas necesidades. Hai que destacar o seu valor como ferramenta didáctica, en concreto o auxe recente de aplicacións de aprendizaxe autónoma de idiomas. Pero, como de servicial é á hora de aprender linguas…
O IES do Milladoiro, no concello de Ames, será escenario este venres 8 de maio da presentación de dúas iniciativas centradas na promoción e difusión da regueifa entre a mocidade. O acto terá lugar ás 10:00 horas na biblioteca do centro, nunha rolda de prensa na que participará a deputada de Lingua, Igualdade e Dereitos…