Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 65-72 posts

A defensa do galego volve ás rúas: Compostela congrega unha multitudinaria marcha no Día das Letras

Compostela converteuse este 17 de maio nun amplo escenario de reivindicación social en defensa da lingua galega, cunha mobilización convocada pola plataforma ‘Lingua Vital Xa!’ que reuniu varios milleiros de persoas coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A marcha, secundada por participantes chegados de distintos puntos de Galicia, percorreu durante varias horas algunhas…

A supervivencia das linguas minorizadas na rede

A presenza das linguas minorizadas nas aplicacións móbiles continúa sendo limitada. No caso do galego, a escaseza de ferramentas específicas e as críticas dos usuarios á calidade das traducións evidencian as dificultades para adaptar estas linguas ao ecosistema dixital actual. Volvendo ao estudo de Nuria García García, As linguas románicas minorizadas da Península Ibérica nas apps,…

Toponomízate chega a Xunqueira de Ambía para frear a desaparición dos nomes da terra nun dos concellos con menos microtopónimos rexistrados

Xunqueira de Ambía converterase este venres 15 de maio nun novo escenario da campaña Toponomízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa promovida pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua que busca implicar á cidadanía na protección da microtoponimia galega, un patrimonio inmaterial especialmente vulnerable nos territorios máis afectados polo despoboamento…

Queremos Galego reivindica en Vigo o legado combativo de Begoña Caamaño e chama a encher Compostela o 17 de maio

Queremos Galego pechou este venres no barrio vigués do Calvario, lugar de nacemento e crianza de Begoña Caamaño, a campaña de difusión da mobilización nacional convocada para este 17 de maio en Santiago de Compostela, unha cita coa que a plataforma busca converter o Día das Letras Galegas nunha demostración pública de apoio social ao…

Aprender xogando en galego: a alianza entre Galego para peques e Pidopapas creando un caderno de actividades en galego

A falta de materiais infantís en galego, especialmente dirixidos ás primeiras etapas da infancia, está detrás da colaboración entre Galego para peques e Pidopapas, dous proxectos nacidos dende a iniciativa particular e a experiencia familiar que decidiron transformar unha necesidade detectada nas súas propias crianzas nunha proposta editorial centrada no lecer educativo en lingua galega.…

A lingua galega gaña unha nova ferramenta: nace Rinodicionarios, o multidicionario gratuíto para Android e iOS

A relación entre innovación tecnolóxica e promoción da lingua galega suma unha nova ferramenta coa chegada de Rinodicionarios, unha aplicación móbil lanzada por Rinoceronte Editora e TICGAL que adapta ao formato para Android e iOS a experiencia do seu xa coñecido multidicionario web. O proxecto busca facilitar o acceso inmediato a recursos lingüísticos en galego…

Esther Estévez ironiza sobre o uso puntual do galego nas Letras cunha “consulta psicolóxica” satírica nas redes

A xornalista e divulgadora Esther Estévez, coñecida polo seu labor de activismo lingüístico e por ser a cara visible do proxecto 'Dígocho eu', publicou nas súas redes sociais un novo vídeo en clave de humor e sátira co gallo do Día das Letras Galegas, no que reflexiona sobre a relación que parte da sociedade mantén…

A XII Carreira Camiño das Letras levará o Día das Letras Galegas do Pico Sacro á Cidade da Cultura con deporte, libros e promoción do galego

A XII Carreira Camiño das Letras volverá converter o Día das Letras Galegas nunha xornada que combina actividade deportiva, promoción cultural e reivindicación lingüística, cunha nova edición que se celebrará o vindeiro 17 de maio e que conectará o Pico Sacro coa Cidade da Cultura a través da Vía da Prata. A iniciativa, apoiada pola…