Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 89-96 posts

A USC pon o foco nos tiktokers galegofalantes para estudar o futuro da lingua entre a mocidade

A Universidade de Santiago de Compostela investigará durante os próximos tres anos o papel que desempeñan as redes sociais na transformación das prácticas lingüísticas e na construción das identidades da mocidade galega. A través do proxecto IDEOLINGAL, liderado desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) e financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o equipo…

Valdoviño chama á veciñanza a rescatar os nomes de leiras, fontes e fragas a través de Galicia Nomeada

O municipio de Valdoviño acollerá este venres a primeira sesión deste ano da campaña 'Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra', unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua para promover a recuperación, conservación e difusión da toponimia galega. A actividade celebrarase na Casa da Cultura, a partir das 19:30 horas,…

‘Aquí tamén se fala’ cuestiona o papel do Deportivo no debate sobre o nome oficial

A plataforma 'Aquí tamén se fala', nacida no IES Rafael Dieste da Coruña e impulsora da campaña #oDéporéDaCoruña, expresou esta sexta feira o seu desacordo coa postura mantida polo RC Deportivo durante o proceso desenvolvido arredor da reivindicación para adaptar a denominación do club á toponimia oficial da cidade. A reacción produciuse o mesmo día…

Da infancia viguesa á terra de Merlín: a RAG percorre a vida e a obra de Begoña Caamaño a través da toponimia

A Real Academia Galega (RAG) continúa desenvolvendo a programación arredor da figura de Begoña Caamaño, autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, cunha nova entrega da serie audiovisual 'O Seminario de Onomástica responde', centrada nesta ocasión nos lugares que marcaron a súa biografía e o seu universo literario. A través…

Concertos, teatro, xogos e contacontos: Pontevedra activa un novo ‘Maio, Mes da Lingua’

O Concello de Pontevedra volverá situar a lingua galega no centro da actividade cultural coa nova edición de 'Maio, Mes da Lingua', unha iniciativa que este ano amplía o seu alcance temporal e desenvolverá actividades tamén durante o mes de xuño. A programación incluirá máis de vinte propostas culturais, educativas e de lecer repartidas por…

A Xunta presentará en xuño a actualización do Plan de normalización lingüística tras recoller 1.400 propostas

A Xunta de Galicia prevé presentar o vindeiro mes de xuño o documento que recolle a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, unha das ferramentas sobre as que se sustenta o Pacto pola Lingua promovido polo Goberno autonómico. O anuncio realizouno este mércores no Parlamento o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude,…