Outeiro, Martín ou Eanes son apelidos galego, mais teñen as súas formas en castelán, cunha maior presencia entre a poboación galega, como tamén a ten o uso de “sanbenito”, para referirse a algunha eiva. A predominancia das versións en castelán gañan terreo, o que provoca que haxa apelidos e nomes galegos que se estean a extinguir. Con respecto aos apelidos, un 17% son casteláns, mais este dato é máis preocupante se se ten en conta que ditos apelidos se atopan entre os máis comúns, como publican e en Nós Diario.
Fronte a 42.000 Oteros, só quedan en Galicia 200 Outeiros, mentres que atopamos 1.000 Martíns, unha cifra moi baixa comparada cos 113.000 Martínez, segundo os datos do 2019. Ademáis, apelidos galegos como Láncara, Sanfíns, Miñor , Santradán ou Manselle son algúns exemplos daqueles que corren perigo de desaparecer.
O mesmo pasa cos nomes, observando unha menor presencia de formas galegas como Carmela, Suso, Carmucha… “Os Manueles pasaron de ser Manolos a ser Manus, e os Franciscos de ser Chiscos, Fucos e Farrucos a Frans”, explica o profesora da Universidade de Vigo Henrique Costas, quen sinala como causa disto a influencia do castelán e lamenta a perda de nomes propios en galego.
Pola súa banda, a filóloga e membro da Real Academia Galega, Ana Isabel Boullón, recorda a progresiva desaparición e modificación de nomes propios, ben sexan de persoas ou lugares, un tendencia que se observa dende o s.XVI, cando o galego comezou a ser desprazado da escrita.
Porén, a filóloga é optimista ante a actitude de nomear aos fillos collendo outros nomes, tirados da literatura, do léxico ou da toponimia. Refírese a nomes como Avia, Leilía, Lúa, Celtia, Catuxa… que apareceron nos últimos anos. “Esta actitude activa é perfectamente visible no corpus dos nomes galegos, onde dende finais do século pasado non paran de crecer as novidades onomásticas”, comenta Boullón, quen engade que “esta excepcional creatividade dáse na Galicia só cos nomes especificamente galegos, non cos doutras afiliacións lingüísticas”. Máis información en Nós Diario.