Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A RAG premia o proxecto ‘Aquí tamén se fala!’ polo seu traballo entre a mocidade e o alumnado migrante

A Real Academia Galega (RAG) entregou este mércores ao IES Rafael Dieste da Coruña o Premio 'Na lingua que eu falo', un recoñecemento destinado a iniciativas que destacan polo seu traballo a prol da normalización do galego. O galardón recaeu nesta ocasión no proxecto 'Aquí tamén se fala!' (ATSF), impulsado desde o propio centro educativo…

A mocidade do Rafael Dieste fai historia: o Dépor xa é ‘da Coruña’

O Real Club Deportivo adecuará a súa denominación social ao topónimo oficial da cidade, A Coruña, despois de que as persoas abonadas apoiasen maioritariamente esta modificación nunha consulta vinculante promovida pola entidade. O resultado foi confirmado este martes na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, na que se aprobou a adaptación do nome do club ao…

Amaia, a alumna arxentina que descubriu o galego no IES Rafael Dieste: “Non hai que ter vergoña nin medo de falalo”

Amaia naceu na Arxentina, ten sangue mapuche-tehuelche e medrou nun pobo con orixes galesas. Agora é alumna de 4º da ESO no IES Rafael Dieste e participa no proxecto 'Aquí tamén se fala', unha iniciativa que dá voz ao alumnado que incorpora o galego á súa vida cotiá desde traxectorias persoais diversas. No seu caso,…

‘Aquí tamén se fala’ cuestiona o papel do Deportivo no debate sobre o nome oficial

A plataforma 'Aquí tamén se fala', nacida no IES Rafael Dieste da Coruña e impulsora da campaña #oDéporéDaCoruña, expresou esta sexta feira o seu desacordo coa postura mantida polo RC Deportivo durante o proceso desenvolvido arredor da reivindicación para adaptar a denominación do club á toponimia oficial da cidade. A reacción produciuse o mesmo día…