A filóloga chantadesa Tania Vázquez García está a desenvolver unha investigación sobre o emprego do galego nas lápidas funerarias dos cemiterios de Chantada. O traballo forma parte do proxecto ‘Palabra e Memoria’, liderado polo xornalista David Canto Veiga, que ten como obxectivo recompilar datos de diferentes zonas galegofalantes, incluíndo Galicia, o occidente de Asturias, O Bierzo e As Portelas en Zamora.
Ata o momento, Vázquez revisou 994 panteóns pertencentes aos camposantos de San Salvador de Asma, San Xurxo de Asma, Líncora, Camporramiro, Brigos e Fornas. Segundo explica, o interese inicial xurdiu ao descubrir que en San Salvador de Asma só seis lápidas de 253 estaban escritas en galego. A partir desa observación, decidiu ampliar o estudo, compaxinándoo co seu labor como docente no instituto Val do Asma de Chantada.
Maís información en El Progreso e Xornal de Lemos