Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Julia, neofalante de Washington, aprendeu galego coa familia, coa música e na aldea: “Se tes unha relación baseada na lingua, xa non tes vergoña”

Hai aproximadamente dez anos, cando Julia chegou por primeira vez a Galicia dende Washington DC, aínda non dominaba o castelán e o galego era para ela unha lingua practicamente descoñecida. Hoxe, con 33 anos e instalada desne hai dous meses na Coruña, escolle precisamente o galego para relacionarse con boa parte das persoas que atopa…

Ali Briere, neofalante de Wyoming: “Estamos na Galiza e temos todo o dereito a falar galego”

Ali Briere preséntase como unha muller de Wyoming, nos Estados Unidos, “do Oeste Salvaxe”. Leva xa máis de cinco anos en Galicia e, antes de chegar, non tiña ningún vínculo familiar nin persoal coa lingua galega. O que si tiña era unha relación moi forte coas linguas. Estudou Filoloxía Hispánica —máis centrada na literatura hispánica—,…

Brad, estadounidense en Galicia: “Moitos galegos dinme que lles dá ilusión que un estranxeiro teña interese pola súa lingua”

Brad é natural de Indiana (Estados Unidos) e chegou a Galicia hai dous anos. Primeiro viviu en Valdeorras, e actualmente reside en Lugo. Dedícase a ser profesor de inglés e tamén a crear contidos dixitais, un traballo que lle permite manter contacto coa lingua e a cultura galegas. Explica que o seu primeiro achegamento ao…