Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Educar aos fillos en galego para que a lingua non morra con nós

María Vázquez é unha das intérpretes galegas máis coñecidas dentro e fóra do país pola súa extensa traxectoria nos eidos teatral e audiovisual, referendada por diversos galardóns nos últimos anos. Formada no Estudo Internacional do actor Juan Carlos Corazza e no Teatro da Danza de Madrid, conta con estudos de danza e música no Conservatorio da Coruña e no Royal Academy de Londres. Ten catro premios Mestre Mateo do audiovisual galego polas súas actuacións.

A actriz viguesa formou parte dos protagonistas da sétima edición do proxecto LGx15. Na súa intervención volve ás súas orixes. Lembra a súa infancia en Vigo, onde emigraron os seus pais, ambos galegofalantes, que decidiron que a educación das súas fillas sería en castelán porque “tiña máis saídas”. Co tempo María conciénciase da importancia da lingua e agora educa ao seu fillo e á súa filla en galego.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.