Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Un colexio do Courel recupera case 400 palabras tradicionais e logra un premio de excelencia da Xunta

O proxecto 'Palabra no tempo', impulsado polo CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, foi recoñecido pola Xunta de Galicia co Primeiro Premio de Innovación Educativa en dinamización lingüística dentro da convocatoria de proxectos para centros públicos correspondente ao curso 2025/2026. A iniciativa figura entre os cinco traballos distinguidos con mención de excelencia en…

O Dicionario da RAG medra con cen novas voces e amplía familias léxicas

O Dicionario da Real Academia Galega incorpora un cento de novas voces na súa última actualización, un proceso co que a institución continúa ampliando e afinando esta ferramenta fundamental para o uso e estudo da lingua. Entre as incorporacións destacan palabras que completan familias léxicas xa presentes, como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo,…

Lesma, limaco e outros máis de 40 nomes para chamar en galego a este animal

As lemas, tamén chamadas limacos, son moluscos gasterópodos do clado Panpulmonata que se caracterizan pola ausencia de cuncha ou pola presenza dunha cuncha interna pequena. A súa existencia en diversos hábitats e o seu impacto en áreas como a agricultura teñen feito que reciban múltiples nomes nas distintas variedades dialectais do galego. A forma estandarizada…

Estalotes, troques, estoupes… Esta planta ten máis de 30 nomes en galego. Cales deles coñecías?

Cando paseamos polos montes e camiños de Galicia é frecuente atopar unha planta de flores tubulares e vistosas, que penduran en longos racimos de cor rosada ou violácea. Trátase da planta coñecida polo seu nome científico como Digitalis purpurea, unha especie moi común na nosa paisaxe que, curiosamente, recibe unha ampla variedade de nomes segundo…