Aenor vén de publicar a versión oficial en galego da norma UNE-EN ISO 14050:2023, dedicada ao vocabulario da xestión ambiental, un documento de referencia para a terminoloxía empregada no conxunto da serie de normas ISO 14000. A tradución foi realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, que suma xa nove normas traducidas ao galego…
As lemas, tamén chamadas limacos, son moluscos gasterópodos do clado Panpulmonata que se caracterizan pola ausencia de cuncha ou pola presenza dunha cuncha interna pequena. A súa existencia en diversos hábitats e o seu impacto en áreas como a agricultura teñen feito que reciban múltiples nomes nas distintas variedades dialectais do galego.
A forma estandarizada…
Incendio, faísca, clarón devasa, chamizo, hidroavión e ignífugo son o setrestelo que propón o Portal das palabras en relación á vaga de incendios que está a sufrir Galicia. Con xa máis de 25.000 hectáreas queimadas dende o pasado xoves, os lumes asolagan Galicia. Por iso, dende o Portal das palabras fan a súa homenaxe repasando…
O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) presentou a súa nova versión 4.0. Unha versión con máis de 43 millóns de palabras en galego. O CORGA, que abrangue dende 1975 ata a actualidade, ten como obxectivo fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica ou comunicativa,…