Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O alumnado de Infantil e Primaria pode presentar a súa curta de animación en galego para ‘Nos tamén creamos!’

A convocatoria deste curso 2024-2025 para o concurso de curtas de animación en lingua galega, no marco do programa 'Nós tamén creamos!', vén de abrir a súa caixa de correo. O proxecto participativo, convocado dende a Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xunto coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación…

Medra da actividade nas bibliotecas galegas: case 4 millóns de visitantes

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou este mércores, 27 de novembro, a evolución dos indicadores de actividade entre o 2019 e o 2023 dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta está composta polas bibliotecas xestionadas dende a administración así como por diferentes servizos como 'AsFurgotecas' ou a plataforma…

O ‘.gal’ vai facéndose co seu espazo na nube: 7.300 sitios web en galego

No 2014, a Xunta de Galicia foi unha das entidades pioneiras en mercar e empregar o dominio web '.gal'. Hoxe, con preto de 7.300 dominios rexistrados, a Asociación PuntoGal celebrou a súa consecución e capacidade divulgativa, especialmente produtiva para a difusión cultural, empresarial e da lingua galega. O conselleiro de Facenda, Miguel Corbos, estivo presente…

Elsa Quintas e Marcos Maceira cuestionan a existencia da “Liberdade para o galego” no seu último ensaio, presentado en Cambados

Este martes, 19 de novembro, presentan o seu ensaio en coautoría e editado por Laiovento, Liberdade para o galego, Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Marcos Maceira, historiador e presidente do mesmo organismo. O acto ten lugar na Casa da Calzada do Concello de Cambados, a partir das 20:00 horas. Unha…

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística, un “compromiso” coa lingua na empresa

Este xoves fallaronse os Premios San Martiño de Normalización Lingüística que premian o emprego do noso idioma no sector empresarial. Así, o recoñecemento polo uso, promoción e difusión da lingua galega na categoría "Comarca Tabeirós-Terra de Montes"  foi recibido polo grupo empresarial estradense Valenciaga, adicado á hostalería. Celso Sanmartín, escritor e dinamizador cultural de…