Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O galego desprega as ás na plataforma Bluesky!

Logo do traballo de impulso dunha aposta da galeguización da rede social Bluesky, realizado a través de contas de usuarios como o Bluesky en galego ou os activistas dixitais Carlos Vieito, Xurxo GP e Alexandre Espinosa. A eles se lles debe a autoría, e o inicio do movemento a prol, da tradución ao galego da plataforma, que xa conta co idioma entre a oferta que brinda a configuración desta.

 

Bluesky xa está disponíbel en galego. Configura o idioma da túa conta e dálle ás á nosa lingua.

#Blueskyengalego

[image or embed]

— Bluesky en galego (@engalego.gal) 28 de noviembre de 2024, 3:22

Os avances cara a conquista da lingua dentro da rede da bolboreta azul fixéronse notábeis, especialmente, dende o pasado 24 de novembro, cando Vieito lle fixo chegar, a través dunha mensaxe dentro da aplicación, o cómputo de Bluesky en galego a un dos desenvolvedores informáticos do sitio web propiedade de Elon Musk. Este último, Paul Frazee, confirmou a súa recepción congratulando ao xornalista polo seu “marabilloso traballo”.

 

Despois de varias noites intensas de tradución e de romperlle os miolos a @alexespinosagz.bsky.social. Bluesky xa está dispoñíbel en galego.

#Blueskyengalego

[image or embed]

— Carlos Vieito (@carlosvieito.gal) 28 de noviembre de 2024, 3:27

En Android

Dende a conta @engalego.gal, concretan que a configuración a galego da aplicación, polo momento, só está dispoñible na versión de software Android. A chegada a iOs, así como o traballo de tradución das futuras actualizacións, son os seguintes pasos a dar por esta comunidade, exemplo da aposta e compromiso co uso e normalización da lingua.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.