A Secretaría Xeral da Lingua realizará unha segunda convocatoria en 2026 das probas para obter os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4, cun novo período de exames previsto para novembro e tres localidades de realización: Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid. O prazo de inscrición abrirá este xoves 17 de setembro e permanecerá…
O Festival Maré celebrará entre o 23 e o 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela cun programa que combinará música, encontros, obradoiros e propostas participativas arredor da diversidade cultural e lingüística. A cita reunirá artistas procedentes de máis de 16 países e contará con representación de 12 linguas, nunha programación…
A desaparición dunha pedra, dun camiño, dunha fonte ou dunha veiga pode supoñer algo máis que unha transformación física da paisaxe. Co elemento do territorio pode desaparecer tamén o nome co que unha comunidade o identificou durante xeracións, especialmente cando se trata de microtopónimos que non contan coa protección administrativa reservada aos nomes oficiais dos…
A Real Academia Galega (RAG) e a Consellería do Mar estudan posibles vías de colaboración para avanzar na protección e difusión do patrimonio lingüístico relacionado co mar. A cuestión foi abordada nun encontro entre a conselleira do Mar, Marta Villaverde, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e o presidente da…
O cantautor cubano Silvio Rodríguez canta por primeira vez en galego nunha colaboración coa artista Uxía para lembrar a escritora e xornalista Begoña Caamaño. Os dous intérpretes unen as súas voces en 'O teu nome é bandeira', un tema que estará dispoñible desde este venres nas plataformas dixitais e que chegará acompañado dun videoclip publicado…
A Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE) puxo en marcha unha campaña para incrementar a presenza do galego no comercio local e facer que a lingua apareza de maneira máis habitual nos escaparates, bolsas, comunicacións, redes sociais e actividades promovidas polos propios establecementos. A iniciativa, denominada O galego está de…
Os concellos de Ames, Carballo, A Coruña e Santiago de Compostela poñen en marcha dende setembro novas programacións de Apego, o proxecto de dinamización lingüística dirixido principalmente ás familias con crianzas de 0 a 6 anos. Contos, música, teatro, psicomotricidade, obradoiros creativos, ciencia ou actividades arredor da natureza serán utilizados durante os próximos meses como…
A faceta de Emilia Pardo Bazán como precursora da literatura criminal e policial en España será o eixo da xornada coa que a Casa-Museo que leva o seu nome conmemorará o vindeiro 16 de setembro os 175 anos do nacemento da escritora coruñesa. O encontro combinará investigación académica, literatura contemporánea e música para revisar o…