Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Real Academia Galega abre o seu arquivo para percorrer 120 anos de historia

A Real Academia Galega (RAG) conmemora os 120 anos da súa inauguración cunha nova sección na súa páxina web que propón percorrer a historia da institución a través de máis de medio milleiro de imaxes, entre fotografías, documentos, publicacións periódicas e libros conservados nos seus fondos. O espazo estréase nas vésperas do aniversario da sesión…

Os Encontros para a Normalización analizan por que a música gañou espazo para o galego

Os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística analizarán este ano o papel da música na creación de espazos de uso, identificación e difusión do galego. A xornada celebrarase o 20 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, baixo o lema Música, orgullo e identidade. O encontro, organizado polo…

A Xunta reparte 200.000 euros entre 27 publicacións escritas integramente en galego

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia resolveu a convocatoria de 2026 das subvencións destinadas especificamente a empresas que editan publicacións periódicas escritas integramente en galego. A resolución distribúe 200.000 euros entre 27 cabeceiras, cunha presenza destacada de medios locais e comarcais e cantidades individuais que oscilan entre os 3.028,59 e os 30.000…

O Grove leva a dobraxe en galego a todos os centros educativos con 14 obradoiros prácticos

O alumnado dos seis centros educativos do Grove poderá experimentar nos próximos meses como se constrúe unha dobraxe audiovisual e facelo integramente en galego. O Concello pon en marcha a segunda edición de Lingua e Cinema, un programa de dinamización que emprega a interpretación, a voz e o audiovisual como ferramentas para fomentar o uso…

A Liña do galego recibe 40.000 euros para manter a atención gratuíta ante vulneracións de dereitos lingüísticos

A Deputación da Coruña achegará 40.000 euros á Liña do galego, o servizo gratuíto promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística para atender consultas e canalizar queixas, denuncias e outras comunicacións relacionadas cos dereitos lingüísticos da cidadanía. A administración provincial e a entidade renovaron este luns o convenio de colaboración que permite financiar un proxecto en…

Medio milleiro de alumnos estudan galego en Bos Aires nun colexio que reforza a súa conexión educativa con Galicia

O Instituto Galego-Hispano-Arxentino Santiago Apóstol de Bos Aires mantén arredor de 500 estudantes vinculados ao ensino do galego e da cultura galega, nun modelo educativo que combina o currículo arxentino cun proxecto bicultural propio e que desde 2025 incorporou ademais unha nova dimensión: a posibilidade de que o alumnado obteña tamén titulación española de ESO…

Antón Santamarina recibe o Premio Porteiro Garea tras máis de seis décadas dedicadas ao estudo do galego

O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández recibiu este mércores o IX Premio Luís Porteiro Garea, co que a USC recoñece a súa contribución ao coñecemento, estudo e normalización da lingua galega. A Universidade salientou o seu papel como unha das figuras da lingüística galega contemporánea e…