O ensino de Lingua e Literatura Galegas manterase no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres. Tras a incerteza arredor da continuidade da materia, a Xunta informou este 14 de agosto de 2026 de que o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes se comprometeu a convocar unha praza docente para que este ensino dispoña…
O municipio pontevedrés de Portas acolleu unha nova edición dos Premios Alecrín, os recoñecementos promovidos pola Federación de Entidades Gallegas de Cataluña (Fegalcat) cos que a organización distingue a traxectoria de persoas e entidades vinculadas á difusión da cultura, das tradicións e da identidade galegas en distintos ámbitos.
O acto celebrouse no auditorio da antiga…
Un taboleiro que segue o curso do río Miño, preguntas sobre patrimonio, historia ou diversidade, códigos QR, gravacións de audio, deseño dixital, materiais reciclados e mesmo recreacións mediante Intelixencia Artificial de figuras como Rosalía de Castro ou Castelao. Todo forma parte de 'Miño en xogo', unha experiencia educativa desenvolvida no IES Maximino Romero de Lema,…
A lingüística sairá este outono das aulas e dos espazos académicos para chegar ás mesas dos bares. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de poñer en marcha 'Dálle á lingua', un proxecto de divulgación que busca implicar establecementos de diferentes localidades galegas na difusión de coñecementos relacionados coa lingua, o bilingüismo ou o…
Un total de 27 proxectos didácticos destinados ao ensino non universitario recibirán financiamento público para elaborar e publicar novos materiais curriculares en galego. A resolución das axudas mobiliza 300.000 euros, unha dotación que supón un incremento do 50 % respecto da partida correspondente a 2025.
A resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia e difundida…
O Observatorio do Teatro Galego concedeu ao actor Luís Iglesia o Premio Xosé Manuel Olveira “Pico”, un galardón destinado a recoñecer a calidade do modelo oral galego nos intérpretes da escena. A distinción pon o foco no labor escénico do actor lucense, na súa relación coa oralidade galega e na súa traxectoria de defensa constante…
Falar galego nun establecemento comercial debería ser unha situación normal nun territorio no que o galego é lingua oficial. Porén, un episodio ocorrido nun comercio da rúa Príncipe de Vigo volveu poñer no centro do debate os dereitos lingüísticos da cidadanía e a situación do galego no ámbito comercial.
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un…
A cercanía entre Galicia e Portugal fai que sexa habitual cruzar a un e outro lado da raia. O galego está convencido de que para falar cun portugués debe esforzarse por falar na súa lingua, ou incluso que lle será máis sinxelo se lle fala en castelán. Ao mesmo tempo, moitos portugueses que visitaban Galicia…