O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu este martes a entrega dos premios Nós Tamén Creamos 2025-2026, un certame centrado na creación de curtametraxes de animación en lingua galega por parte do alumnado de diferentes centros educativos.
Durante o acto, López Campos felicitou os escolares galardoados, aos que definiu como "os…
A Universidade de Vigo vén de impulsar TermUVigo, un portal terminolóxico multilingüe centrado na linguaxe académica e institucional da propia institución. A iniciativa, promovida a través da Vicerreitoría de Internacionalización, nace coa finalidade de organizar, sistematizar e poñer á disposición da comunidade universitaria un repertorio fiable de termos empregados no ámbito universitario.
O recurso está…
O aprendizaxe do galego continúa gañando peso no sistema educativo do Bierzo, onde cada vez máis familias optan por incorporar esta materia á formación escolar dos seus fillos e fillas. O Programa de Promoción da Lingua Galega, posto en marcha en 2001 pola Junta de Castilla y León en colaboración coa Xunta de Galicia, cumpre…
O Instituto de Becerreá pechou o proxecto 'Tamén en Galego', unha iniciativa impulsada polo propio centro educativo para promover o uso da lingua galega nas administracións, establecementos e espazos de relación social do concello lucense. O acto de clausura celebrouse coa entrega do Premio á Lingua e á Cultura 2026 ao sector da hostalaría de…
A Universidade de Santiago de Compostela acolleu este mércores o Foro ALIA de Tecnoloxías da Linguaxe e Industria, unha iniciativa promovida polo Proxecto Nós no marco de ALIA que busca reforzar a colaboración entre o ámbito académico, a investigación e o tecido empresarial arredor das tecnoloxías lingüísticas baseadas en intelixencia artificial.
O encontro, celebrado no…
Máis de 100 concellos galegos impartirán a partir do mes de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas dirixidos á poboación non nada en Galicia. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva, segundo destacou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a xornada de formación…
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) entregará este sábado, 13 de xuño, os VII Premios Mil Primaveras, uns galardóns creados en 2019 para recoñecer e difundir iniciativas que teñen como obxectivo o fomento da lingua galega, o incremento do seu uso e a mellora do seu prestixio social.
O acto terá lugar…
Aenor vén de publicar a versión oficial en galego da norma UNE-EN ISO 14050:2023, dedicada ao vocabulario da xestión ambiental, un documento de referencia para a terminoloxía empregada no conxunto da serie de normas ISO 14000. A tradución foi realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, que suma xa nove normas traducidas ao galego…