Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A lingua galega estará máis presente no ámbito xudicial

Fiscalía Superior e Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio que favorecerá a presenza da lingua galega nos procesos xudiciais. Coas sinaturas de José López, conselleiro de Cultura, e Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia, o documento está incluido dentro das propostas da actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, entregado recentemente…

A Deputación da Coruña abre o programa de subvencións para produtoras e distribuidoras de audiovisual en lingua galega

O xoves, 12 de decembro, a Deputación Provincial da Coruña fixo pública a entrada do 5 de decembro ao Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña (BOP) unha convocatoria de axudas e subvencións para o vindeiro 2025 dirixidas a empresas produtoras, distribuidoras e encargadas da exhibición de obras audiovisuais en lingua galega pertencentes á…

O pleno da RAG alerta e propón solucións ao retroceso do galego a través dun pacto

Nun informe publicado a pasada semana, a Real Academia Galga fixo público un informe sobre a vitalidade da lingua galega a partir dos datos recollidos polo Instituto Galego de Estatística en 2023. Este, que busca supoñer un instrumento necesario para o diagnóstico da situación do idioma, achega as cifras demográficas máis relevantes e discute aspectos…

Resolta o décimo recoñecemento da USC á subtitulación a galego de vídeos sobre ciencia

Paola Costa Villanueva é a gañadora da primeira modalidade do décimo certame #traduceTED2024, impulsado dende o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e dotado de 1.300 euros para o recoñecemento de traballos de tradución e subtitulación a galego de audiovisuais sobre diferentes temáticas científicas. Villanueva elaborou a escrita en galego de…

Artistas galegos fanse con dúas nominacións aos Premio Ruido 2024

Os Premio Ruido, pola súa novena edición, fixeron pública a listaxe das doce nominacións presentes a mellor álbum musical producido no territorio peninsular español. Xunto con Bad Gyal ou Carolina Durante, dúas propostas de artistas galegos están entre as producións escollidas. As artistas de Bala, coa súa guitarra e batería, tras elaborar 'Besta' son unha…

A Concellería de Cultura convida á crianza galega a coñecer a ollada retranqueira de Xaquín Marín

Ata o día 5 de xaneiro, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela conta coa exposición 'Xaquín Marín. Humor líquido'. O compendio de obras do artista de banda deseñada, ademais de muralista ou pintor entre outras profesións, amosan máis de sesenta anos da súa traxectoria. Marín naceu no concello de Ferrol, en Fene, no…