A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración en apoio da única toponimia oficial de Ourense esta quinta feira (xoves) diante dos xulgados desta urbe, coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome da cidade das burgas impulsado desde a entidade Hablemos Español. A mobilización terá por lema Ourense polo seu nome e…
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego anuncian o regreso da publicación LongaLingua, que desta volta adopta un formato dixital e podcast, logo de ter funcionado en papel entre os anos 2006 e 2010. A nova etapa da revista estará dirixida pola xornalista Eva Fernández Prieto e contará cun enfoque renovado para…
A Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga 2025 para obter os certificados oficiais de lingua galega nos niveis Celga 1, 2, 3 e 4. As probas terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.…
Os XXXV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia 'Galego sen fronteiras' xa teñen aberta a súa preinscrición. O programa, organizado pola Real Academia Galega en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, celebrarase entre o 3 e o 24 de xullo en Santiago de Compostela.
A…
A Real Academia Galega (RAG) puxo á disposición do público o novo dicionario en liña Nomes galegos das aves de Galicia e de España, unha ferramenta que busca facilitar a comunicación especializada en ornitoloxía en lingua galega. A obra, dispoñible na páxina web da RAG, foi coordinada polo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG),…
O Auditorio de Galicia acolleu onte o concerto 'Scripta manent, verba volant', un dos actos centrais da conmemoración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da USC. O evento reuniu artistas exalumnos da facultade e contou cunha programación que abrangueu diversos estilos musicais.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Xornal de Compostela (@xornaldecompostela)
O…
A Deputación da Coruña abriu a convocatoria da XVI edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua, un certame que busca distinguir persoas, colectivos ou entidades que contribúan á promoción e dignificación social do galego. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 30 de abril, segundo recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP).…
Ata hai pouco, quen buscaba contido de fitness en redes sociais atopábao principalmente en castelán e inglés, pero o galego apenas tiña presenza neste ámbito. Consciente desta realidade, Diego, un adestrador ourensán, decidiu crear Galiactiva, a primeira conta de adestramento 100 % en galego. "Vin que non había ningunha conta deste estilo na nosa lingua…