Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Mesa e entidades pola diversidade lingüística piden no Congreso un cambio de marco legal para garantir a igualdade entre todas as linguas

A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con organizacións como Ciemen, Kontseilua, Escola Valenciana e Iniciativa polo Asturianu, trasladou hoxe ao Congreso dos Deputados a súa petición dun “debate profundo” que permita ao Estado “mudar todo canto for preciso para garantir iguais dereitos e deberes” ás linguas oficiais e ás que reclaman este recoñecemento nos seus…

O PSOE tentará de novo oficializar as linguas cooficiais no Senado

A Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado abordará este xoves unha iniciativa presentada polo PSOE para reforzar o papel da pluralidade lingüística no Estado. A proposta, de carácter non vinculante, pretende que o Senado avance cara a unha presenza máis ampla das linguas oficiais, e que os executivos autonómicos con dous idiomas cooficiais continúen…

A Mesa leva a Barcelona o apoio europeo ao proceso Lingua Vital

A Mesa pola Normalización Lingüística participou esta fin de semana en Barcelona na Asemblea Xeral da European Language Equality Network (ELEN), unha cita centrada na necesidade de garantir que o desenvolvemento das novas tecnoloxías non comprometa a diversidade lingüística no ámbito europeo. O encontro reuniu representantes de múltiples organizacións e institucións comprometidas coa defensa das…

A RAG reivindica no novo Consello das Linguas Oficiais a galeguidade das falas estremeiras de Asturias

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, participou este luns en Donostia na reunión constitutiva do Consello das Linguas Oficiais, o novo órgano creado polo Goberno español para substituír o antigo Consello das Linguas da Administración Xeral do Estado. A nova estrutura incorpora representantes dos gobernos das comunidades autónomas con lingua propia, entre…

“Non comparar, senón compartir”: as autonomías con linguas propias reclaman máis apoio estatal

A promoción das linguas cooficiais entre a mocidade e a súa presenza nos ámbitos económico e xudicial foron algúns dos principais temas abordados este mércores en Santiago na reunión anual da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística. No encontro participaron representantes de Euskadi, Cataluña e Illas Baleares, mentres que…

O Congreso xa permite aos deputados presentar iniciativas parlamentarias en galego

Desde este venres, os grupos parlamentarios que operan no Congreso dos Deputados poden presentar documentos para o rexistro das súas iniciativas exclusivamente en galego, catalán ou éuscaro, sen necesidade de acompañalos dunha tradución ao castelán. Este cambio representa un novo paso cara á normalización do uso das linguas cooficiais nas institucións do Estado. A presidenta das…