A Xunta de Galicia editará en galego o libro Descubre Lugo, obra do investigador e divulgador José Luis Rodríguez Fernández, segundo confirmou este venres o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación celebrado na sede da Delegación Territorial.
Arias cualificou o volume como “un minucioso traballo” e salientou “a acertada estrutura…
Entre as árbores e os corredores silenciosos do cemiterio municipal de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, conviven hoxe dúas memorias que se entrelazan: a da represión franquista e a da lingua galega. No mesmo espazo onde durante décadas houbo unha fosa común con veciños e veciñas executados sen xuízo, eríxese agora un monumento de lembranza…
A Xunta de Galicia manterá en 2026 a senda de crecemento dos investimentos culturais e lingüísticos cun orzamento global de 150 millóns de euros para a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Así o anunciou o conselleiro José López Campos durante a súa comparecencia na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia, onde destacou que o…
A produtora Undodez Producións, dirixida por Álvaro Pérez Becerra, presentou no Cartoon Forum 2025, en Toulouse, o seu primeiro proxecto de animación: Lola, Porco & Paco. Trátase dunha serie de animación 2D composta por oito episodios de doce minutos, creada por Andrés Mahía, Xosé Castro e Xosé Antonio Touriñán, con Laura Mahía como guionista. A proposta…
A rede de Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)mantense en funcionamento en Galicia grazas á profesionalidade e ao compromiso das persoas que as integran, pero precisa con urxencia “estabilidade financeira, mellor gobernanza e coordinación efectiva” para garantir a continuidade da política lingüística de proximidade. Así o recolle literalmente…
A Unión Europea decidiu adiar sen data o debate sobre a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro, deixando fóra da orde do día do Consello de Asuntos Xerais que se celebra este martes en Luxemburgo a proposta presentada polo Goberno español. Nin as presións do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, nin…
A atleta galega Ana Peleteiro, campioa europea e unha das deportistas máis destacadas do país, expresou a través das súas redes sociais a ilusión que lle produce percibir un maior uso do galego entre a xente nova. “Estou notando que a xente nova fala moitísimo máis galego”, afirmou nun vídeo que rapidamente se fixo viral.…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica.
En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…