A Real Academia Galega (RAG) puxo á disposición do público o novo dicionario en liña Nomes galegos das aves de Galicia e de España, unha ferramenta que busca facilitar a comunicación especializada en ornitoloxía en lingua galega. A obra, dispoñible na páxina web da RAG, foi coordinada polo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG),…
Os músicos Pauliña Chaves e César Morán participaron esta pasada semana no concerto de exalumnos da Facultade de Filoloxía e achegáronse ademais para reflexionar sobre a situación do galego na música e a evolución da lingua na sociedade. Ambos artistas compartiron experiencias persoais e profesionais, destacando a necesidade de ofrecer máis oportunidades á música en…
O Entroido é unha das festas máis emblemáticas de Galicia, con rituais ancestrais, personaxes propios e tradicións que varían segundo o lugar. Pero non só os costumes diferencian un Entroido doutro: tamén o nome desta celebración cambia segundo a zona. Segundo estudos do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, existen ata 15 variantes rexistradas…
O Auditorio de Galicia acolleu onte o concerto 'Scripta manent, verba volant', un dos actos centrais da conmemoración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da USC. O evento reuniu artistas exalumnos da facultade e contou cunha programación que abrangueu diversos estilos musicais.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Xornal de Compostela (@xornaldecompostela)
O…
A Deputación da Coruña abriu a convocatoria da XVI edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua, un certame que busca distinguir persoas, colectivos ou entidades que contribúan á promoción e dignificación social do galego. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 30 de abril, segundo recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP).…
Isa Bermúdez, artista plástica de Carballo, sempre estivo rodeada de galego, pero non foi ata a adolescencia cando se plantexou incorporalo á súa vida diaria. Criada nun fogar castelanfalante debido ás orixes extremeñas da súa nai e á emigración da súa familia a Alemaña, explica que, malia que a súa contorna familiar máis ampla falaba…
Ata hai pouco, quen buscaba contido de fitness en redes sociais atopábao principalmente en castelán e inglés, pero o galego apenas tiña presenza neste ámbito. Consciente desta realidade, Diego, un adestrador ourensán, decidiu crear Galiactiva, a primeira conta de adestramento 100 % en galego. "Vin que non había ningunha conta deste estilo na nosa lingua…
O Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola UNESCO en 1999, celébrase cada 21 de febreiro co obxectivo de fomentar o plurilingüismo e a diversidade cultural. En Galicia, a Xunta e a Rede de Dinamización Lingüística sumáronse á conmemoración cunha xornada especial no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde permanece exposto o Pergamiño…