A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) presentou a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego, un novo material educativo destinado ao alumnado de ensino secundario co obxectivo de achegarlles a evolución histórica e o presente da comunicación en galego. A iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, coincide coa celebración…
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentará este xoves 13 de febreiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, unha nova plataforma web que ofrece información detallada sobre o proceso para restituír os apelidos galegos que foron castelanizados ao longo da historia. O proxecto, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística…
A Fundación Neira Vilas busca impulsar a dramaturxia en galego co IV Premio Anisia Miranda de Teatro
A Fundación Xosé Neira Vilas anunciou a convocatoria da cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, un certame que ten como obxectivo fomentar a creación de textos dramáticos en galego para público infantil. A iniciativa conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e pretende suplir a…
Cando paseamos polos montes e camiños de Galicia é frecuente atopar unha planta de flores tubulares e vistosas, que penduran en longos racimos de cor rosada ou violácea. Trátase da planta coñecida polo seu nome científico como Digitalis purpurea, unha especie moi común na nosa paisaxe que, curiosamente, recibe unha ampla variedade de nomes segundo…
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, declarou que o futuro Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega deberá axustarse ao principio de "bilingüismo cordial", asegurando que a promoción do galego se fará "sen imposicións". Estas afirmacións realizounas en resposta a preguntas sobre a renovación do plan, que será debatida esta semana polo comité…
O proxecto de dinamización lingüística Modo galego, actívao!, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, chega á súa terceira edición con novas propostas para incentivar o uso do galego na infancia e na adolescencia. A iniciativa, que naceu tras o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), busca implicar tanto o alumnado…
A Secretaría Xeral da Lingua anunciou a convocatoria de cursos gratuítos para a preparación das probas de certificación de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Segundo recolle a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), esta formación estará dispoñible en modalidade presencial e en liña, e poderán solicitala todas as…
O 53,6 % das familias galegas que se comunican habitualmente tanto en galego como en castelán consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia, segundo recolle unha enquisa encargada pola Xunta de Galicia. A sondaxe 'Enquisa Percepción Social do Galego', realizado por Sondaxe, presentouse este xoves na Cidade da Cultura da man do conselleiro de…