O galego é unha lingua chea de matices e variantes dialectais, e un dos mellores exemplos disto atopámolo nos nomes populares que se lle dan a diferentes especies animais segundo a zona. Un caso especialmente interesante é o da especie que recibe o nome científico de Anguis fragilis, un lagarto sen patas que moitas veces…
A Secretaría Xeral da Lingua fixo públicos os resultados definitivos das probas Celga 2024, correspondentes aos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As probas realizáronse durante o mes de novembro en Santiago de Compostela e Ponferrada, e as listaxes poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os exames para a obtención…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este xoves 20 ás 19:00 na aula C01 unha conversa sobre a lingua na que participarán especialistas de distintos ámbitos. O evento, organizado por Erguer, colectivo de estudantes, contará coa presenza de Alba Nogueira, xurista e membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), Elías…
O Consello da Cultura Galega presentou o proxecto 'Un país coa súa lingua. Foro participativo', unha iniciativa que busca promover un diálogo aberto e plural sobre o futuro do galego en diferentes ámbitos da sociedade. O proceso incluirá sete mesas de traballo e culminará no outono de 2025 cun documento de propostas concretas para avanzar…
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) expresou o seu malestar pola ausencia dos técnicos de normalización lingüística no proceso de renovación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG). A entidade sinala que, a pesar de ser un colectivo clave na implementación de políticas de promoción do galego, non foi contactada…
Representantes de sindicatos, confederacións de ANPAs e movementos de renovación pedagóxica reuníronse este mércores en Santiago de Compostela para expresar a súa inquietude sobre a situación do galego no ensino. Os colectivos consideran que a lingua está nunha situación preocupante, pero insisten en que "todo é reversíbel se se activan todas as ferramentas sociais e…
A influencer cubana Anita Mateu, coñecida en Instagram como @botalleazucre, está a documentar o seu proceso de aprendizaxe do galego a través dun reto no que busca falar a lingua en 100 días. A súa meta é clara: conseguir expresarse en galego antes do 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Nos seus…
A Deputación de Pontevedra anunciou a convocatoria do programa +Música 2025, unha iniciativa destinada a fomentar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes. O obxectivo do programa é apoiar a difusión da música na lingua propia e consolidar a oferta cultural nos municipios con menor poboación.
Os…